ESENGAL

JOINFASHION! INDITEX

DESENVOLVEMENTO WEB

O PROXECTO

Join Fashion Inditex é unha páxina internacional que alberga servicios para o fomento de ofertas de emprego para as diferentes empresas do grupo téxtil.

O obxectivo desta landing consistía en crear unha páxina adaptativa que simulara un formulario interactivo, no que o usuario rexistra o seu perfil para futuras candidaturas. A ubicación eran as principais cidades alemanas a través do seu equipo o do propio móbil.

Este proxecto foi unha verdadeira proba das novas tecnoloxías: localización de máis de 90 cidades distribuídas a través dun mapa no que se visualizaban, segundo a elección do usuario, as tendas das cidades establecidas. Tamén a suba e compresión dos arquivos ó servidor, newsletter e impresións en PDF.

Impresión en PDF da ficha do rexistro

Unha vez cubertas as seccións do formulario, o usuario tiña a opción da descarga dun arquivo PDF no seu equipo cos datos do rexistro; e o xestor de datos recibía unha newsletter coa nova alta.

Xestor de candidaturas

Desenvolvemos un xestor interno para administrar e filtrar ós usuarios rexistrados en base á idade, cidade, dominio de idiomas, preferencia de firmas e cargo solicitado.

Exportación a Microsoft Excel

A través do xestor existe a posibilidade de exportar a búsqueda a un ficheiro compatible con excel no que se xestionarán os listados de xeito máis detallado para  a súa posterior investigación e selección.

Cliente: Ultramarina Central de Ideas

ALGO IRÁ
logo rosa negro logo celeste negro logo rosa negro logo amarillo rosa

INICIO

SERVIZOS

TRABALLOS

CONTACTO

Algúns dos nosotros proxectos son privados a petición do noso cliente. Se estás interesado en velos, contacta con nós e facilitaremosche o acceso temporal a eles.