ESENGAL

SOCCERMEMES.NET

PROXECTO WEB

O PROXECTO

Web de contidos multimedia sobre eventos relacionados co fútbol, baloncesto, motor. Cada usuario pode publicar os seus propios contidos e valorar os dos demais.

Rexistro e perfil de usuarios.

Os usuarios pódense rexistrar e ter un perfil dentro da páxina para crear publicacións, votar e comentar as dos demais, almacenar os seus memes favoritos e  compartilos nas redes sociais ou no whatsapp.

Creación de Memes

Os usuarios poden crear publicacións de xeito fácil e rápido. As publicacións poden ser imaxes de internet, imaxes propias ou vídeos aloxados na rede.

¿E se o usuario quere crear un meme da nada? Para iso desenvolvemos unha ferramenta web na que o usuario sube unha imaxe, engade os textos  atribuíndo un tamaño e un formato personalizado.

Interacción, intercambio, comunicación

Os usuarios poden comentar as publicacións de xeito que se estableza unha comunidade dentro da páxina.

Xestión e programación de publicacións

O administrador é capaz de xestionar todas as  súas publicacións, realizadas de xeito sinxelo. Pode seleccionar cales serán visibles e cales non, seguindo as normas da páxina. Pode xestionar o día e a hora na que as publicacións comezarán a se mostrar (deste xeito, se hoxe hai 24 publicacións, podemos establecer que se mostre cada hora unha nova)

Cliente: Stadee Group Limited

ALGO IRÁ
logo rosa negro logo celeste negro logo rosa negro logo amarillo rosa

INICIO

SERVIZOS

TRABALLOS

CONTACTO

Algúns dos nosotros proxectos son privados a petición do noso cliente. Se estás interesado en velos, contacta con nós e facilitaremosche o acceso temporal a eles.